101.2 Fm

Feitos

Presenta: Toni Espagne
Colaborador: Carlos Jiménez

Feitos é un espazo de radio creado para darche conta de todo canto acontece no mundo, en España, en Galicia e, por suposto, na nosa comarca, en Bergantiños.

Un programa dirixido e presentado por Toni Espagne e que se emite en Vento Radio entre a unha e as tres da tarde.

Dúas horas nas que, ademais de ofrecerche a mellor música música, darémosche toda a información dos temas máis destacados da xornada, tanto no ámbito político como no social, nos deportes e, como non podía ser doutro xeito, na cultura.

Teremos reportaxes e entrevistas coas persoas protagonistas da actualidade, sobre todo con aquelas que máis influenza teñen na comarca.

Ademáis, contamos con seccións de humor, como “A taberna dos sabios”, un espazo no que dous xubilados octoxenarios, Eduardo (interpretado por Toni Espagne) e Alfredo (interpretado por Carlos Jiménez), debaten sobre a actualidade na taberna de Pepucha dun xeito moi particular.

Pero ademais de todo isto, o que para nós é o máis importante é a túa participación a través do teléfono móvil, da nosa páxina web e das redes sociais, para que nos contes a túa visión da actualidade e que nos fagas chegar as túas inquedanzas.

E, por suposto, todo isto estará aderezado coa mellor música que sempre che ofrece Vento Radio.

Xa podes escoitar aquí o ficheiro de audio promocional de Feitos e o capítulo "0" de "A Taberna D Xa podes escoitar aquí o ficheiro de audio promocional de Feitos e o capítulo "0" de "A Taberna Dos Sabios".

Audio promocional de Feitos:

A Taberna Dos Sabios (Cap. "0"):

Ficheiro(s) aloxado(s) en OpenDrive