Toni Espagne titulouse como Técnico Superior en Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos; e posteriormente como Técnico Superior en Son, na prestixiosa Escola de Imaxe e Son da Coruña. Na actualidade compaxina os seus estudos de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela con colaboracións en varias emisoras de radio.
Dedícase ao mundo da comunicación dende 2003, ano que comezou como colaborador nun programa musical de Radio Líder (Galicia). En 2004 incorporouse a Fórmula Hit Galicia e Bergantiños TV, e nos anos 2008 e 2009 foi locutor de Radio Galega.
Ao longo de todos eses anos vén compaxinando o seu traballo no mundo da comunicación coa súa faceta de DJ, a cal comezaba na primeira metade da década dos 90, realizando montaxes con cintas de audio e imitando os megamixes de moda naquela época. Percorreu as discotecas de case toda a xeografía galega, ademais de participar en diferentes festivais, entre eles o Streetparade 2003 de Zürich (Suíza), diante de preto dun millón de persoas.
Na actualidade, está a comezar a gravar as súas propias producións de música electrónica.









